• Os nosos caen por primeira vez en Mirallos dende o comezo da Liga.

Segundo encontro en catro días para os nosos Senior, que recibían ao segundo clasificado, A Lama S.D. Os nosos saíron ao encontro coa idea de xogo clara, buscando combinar e abrir o campo. Os visitantes trataban de xogar máis en longo, aproveitando o balón parado e as segundas xogadas. De aí naceu o primeiro gol, lanzamento dunha falta que poñen no corazón da área, e na segunda xogada Pablo anticipa para poñer o 0-1 no minuto 10.

Os nosos reaccionaron a este gol tempraneiro acadando o empate só 8 minutos despois: balón despexado nun córner que lle cae a Rober, que pon un centro chut que grazas ao amago de Yeray, despista a Joaquín. Co empate no electrónico, e case chegando ao descanso, A Lama volveu coller vantaxe. Lanzamento de córner ao primeiro pao que Steve aproveitando o barullo mete para adentro tras dar no longueiro. 1-2 foi o resultado na primeira parte.

Saliron os nosos con folgos renovados buscando o empate na segunda metade, pero de novo a mala sorte se ceba co Moraña. Nun remate de cabeza, o balón golpea dentro da área na man de Iván Goldar (que estaba de espaldas) e o colexiado sinala os 11 metros. Gonzalo marca o penalti para poñer o 1-3. Con este gol, os nosos comezaron a arriscar un chisco máis buscando sacar algo do encontro, volcándose en ataquea. Nunha xogada na que Pablo Porta recibe e encara, recibe unha falta dentro da área. Penalti que él mesmo transforma para poñer o 2-3.

Con este resultado a aposta ofensiva local aumentou, co conseguinte risco. E nunha contra, A Lama sentenciaba, ao facer Adrián nun man a man ante Caba o cuarto no 81, que deixaba o electrónico no definitivo 2-4.

Malos resultados esta semana, coas dúas primeiras derrotas. A levantarse, traballar e preparar o vindeiro encontro: un intenso derbi nas Corticeiras ante o Caldas C.F.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Rober, Iván, Javi, Jonny, Kevin, Yeray, Celso, Pablo Porta e Salva. Tamén xogaron Anxo, Edu, Samu, Borja e Víctor.

A Lama S.D.: Joaquín, Fariña, Mouriño, Pablo, Steve, Pérez, Gonzalo, Carlos, David, Yonatan e Plácido. Tamén xogaron Marcos, Borja, Adrián e Luis.

Goles: 0-1 Pablo (min. 10); 1-1 Rober (min. 18); 1-2 Steve (min. 43); 1-3 Gonzalo, penalti (min. 63); 2-3 Pablo Porta penalti (min. 78); 2-4 Adrián (min. 81).

Compárteo!

Deixa un Comentario