O Moraña C.F. ven de concretar a fichaxe do adestrador Miguel Villaverde para levar ao Equipo Senior na vindeira tempada 2017/2018. O moañés ven avalado pola súa ampla experiencia nos banquillos.

Xa temos adestrador para esta nova tempada no Primeiro Equipo do Moraña. O adestrador moañés, que militou como xogador no Gran Peña, R.C. Celta, Granada e Pontevedra entre outros, aceptou a nosa invitación para dirixir aos Senior.

Esta fichaxe ven avalada pola ampla experiencia de Miguel nos banquillos, nos que xa dirixiu entre outros equipos ao Celta «B» (como segundo adestrador), Alondras (3ª División), Moaña, Portonovo, Domaio… e a equipos de categorías base na Seca e no Monteporreiro.

Dende o Clube desexámoslle a mellor das sortes, a traballar moito e a dalo todo!!

Compárteo!

Deixa un Comentario