• O primeiro desplazamento sáldase con derrota.

  • O Marcón remontou o gol tempraneiro de Castillo.

O Moraña encaraba o seu primeiro desplazamento nesta volta á Primeira Autonómica no difícil campo do Marcón. Os nosos saíron a por todas no Carrasco, e neste pulo inicial, Castillo acadaba o 0-1 de cabeza tras un saque de banda de Goldar. Pero os locais non tardaron en reaccionar e con goles de Manu (min. 15) e Pablo (min. 18) dábanlle a volta ao encontro. Antes do descanso, Sergio poñía o 3-1 e o partido de cara para os pontevedreses.

Pero o Moraña non deu o brazo a torcer, e na segunda metade acortou distancias, poñendo o 3-2 no minuto 63. Había tempo e unha posible reacción polo empate, pero o Marcó pechou ben liñas e non permitiu que as ocasións morañesas se concretaran. Case co pitido final, Iván poñía o definitivo 4-2 co que rematou o encontro.

A seguir traballando e a preparar a visita do Caselas na vindeira xornada.

FICHA TÉCNICA

Marcón Atlético.: Álvaro, Enrique, Juan, Sebas, Manu, Sergio, Iván, Óscar, Filipe, Pablo e David. Tamén xogaron Carlos, Francisco, Pablo, Juan e Xoel.

Moraña C.F.: Anxo, Edu, Iván Vidal, Iván Goldar, Richi, Borja, David Alexander, Pablo Porta, Castillo, Salva e Ferro. Tamén xogaron Rober, Caba, Iago, Yoni e Davor.

Goles: 0-1 Santi (min. 7); 1-1 Manu (min. 15); 2-1 Pablo (min. 18); 3-1 Sergio (min. 44); 3-2 Yoni (min. 63); 4-2 Iván (min. 90).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario