Este domingo  día 28 de Abril, Mirallos vai ser unha auténtica festa! Co ascenso xa conseguido, o Moraña C.F. enfróntase a un Zacande que precisa un punto para acadar o ascenso. Os nosos loitan por acadar o título de Liga, que sería o segundo da historia (e o primeiro de Segunda Autonómica).

Haberá un gran ambiente para este partidazo que se xoga ás 17:00 horas. Asistirá todo o Fútbol Base do Moraña C.F., haberá fogos artificiais, estará a Banda de Música… Non o podedes perder!! Agardámosvos a todos alí!

Compárteo!

Deixa un Comentario