Mañán mércores día 3 de febreiro, terá lugar a segunda xornada de tecnificación desta tempada, dirixida aos xogadores dos equipos de fútbol 11 que xoguen na demarcación de «medios centros».

Para esta xornada, contaremos cun invitado de excepción, o mediocentro da S.D. Compostela, o morañés Manu Rodríguez que compartirá con todos os xogadores da nosa base a súa dilatada experiencia nesta posición. Dende o Clube agradecemos de todo corazón a súa axuda e colaboración.

Os contidos desta sesión serán:

  • Posicionamentos Defensivos
  • Posicionamentos Ofensivos
  • Basculacións
  • Coberturas
  • Cambios de Ritmo e Cambios de Orientación
  • Iniciación do Xogo, transición e finalización.

A sesión comenzará mañán ás 18:00 no campo de O Buelo. Agardámosvos a todos alí.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario