O equipo xuvenil do Moraña deu un paso adiante na súa preparación no partido disputado hoxe ás 11 da mañán no campo de O Buelo.

Os nosos chavales amosaron unha cara totalmente renovada respecto ao primeiro partido da pretempada, xogando moito máis xuntos, case sen deixar espazos e cun punto maior de forma no apartado físico.

Os primeros minutos foron dunha grande intensidade, cun Moraña moi agresivo na presion e gozando de ata 3 claras ocasións de gol: un centro por banda que non logra rematar ben Brais, un córner que deixa Joel con opción clara de dispara que marcha pegada ao pao e unha internada de Gago dentro da área tras unha boa presión pero na que non acertou no pase cara atrás.

Foise ao descanso co resultado de 0-1 a favor do Portas.

Na segunda parte, a presión adelantada dos nosos sí que tivo froito, e ademáis dos dous goles que serviron para darlle a volta ao partido 2-1, puideron marcar Joel e Javi outros dous. A falta de 20 minutos para o final, a desconexión e desaxustes propias dos cambios que se iban facendo conlevou dous erros e dous goles do Portas, que pechou o marcador 2-3.

En resumo, mellor imaxe do equipo e os primeiros froitos do traballo que se comezan a ver. A seguir mellorando.

Próximo adestramento dos xuveniles, o martes ás 20:00 no Buelo.

FICHA TÉCNICA

MORAÑA 2 – 3 CD PORTAS

Xogaron polo Moraña C.F.: Jose, Fran, Xian, Ferro, Donato, Iago, Gago, Joel, Javi, Brais y Diego. Tamén xogaron Pedro, Cespón, Manu, Leis, Alex e Damian.

Goles: Diego e Brais.

Compárteo!

Deixa un Comentario