Dende o Moraña C.F. facémonos eco da Circular da F.G.F sobre a Alta Médica e a Alta Voluntaria. 

Esencialmente, o cambio principal que se produce é que un xogador non pode xogar coa baixa médica, incorrendo o Clube que inclúa a ese xogador en aliñación indebida. O xogador, iso sí, ten dereito a reclamar a alta voluntaria, que debe ser notificada antes das 14:00 horas do venres ou ás 14:00 horas do día anterior si a xornada cae entre semana.

Recordamos aquí o que di a Circular:

A Federación Galega de Fútbol e a Mutualidade poñen en coñecemento dos clubs e dos deportistas unha información de suma importancia que conleva unha modificación de alcance no Regulamento Xeral.

A Comisión Delegada aprobou na súa última reunión a modificación do artigo 224.1.h) do Regulamento Xeral da FGF engadindo un requisito xeral para que un futbolista poida participar a partir de agora en competición oficial. Ese requisito é que non se encontre en situación de baixa médica. Todo futbolista que xogue estando de baixa médica incurrirá en aliñación indebida.

Para que un xogador se atope en situación de ser alineado deberá estar de alta médica. E para iso hai dúas fórmulas: Alta médica e alta voluntaria.

A alta médica é a que emite o facultativo encargado do tratamento do xogador lesionado. No documento de alta deberá constar a data da mesma e tamén a lesión da que se recupera o futbolista. A data de alta deberá ser anterior á da disputa do partido no que vai a ser aliñado.

A alta voluntaria é solicitada polo propio xogador e deberá ser notificada antes das 14:00 horas do venres no caso de que o partido se dispute en fin de semana ou antes das 14:00 horas do día anterior ao partido no caso de que se xoge entre semana. O documento de alta voluntaria  deberá ser remitido ao correo electrónicovalidacionparte@mupresfe.com ou na dirección da Intranet (sistema interno de gestión) «validacionparte«. De ser enviada a documentación a outra dirección de correo ou fóra de prazo entenderase como non presentada.

O xogador que solicite a alta voluntaria debe saber que asume un risco porque non estaría cuberto pola aseguradora no caso de recaer da mesma lesión pola que estaba de baixa.

Formulario de alta voluntaria colgado na web
Para dar facilidades a todos aqueles que queiran solicitar a alta voluntaria nalgún momento, está colgado o formulario na nosa web www.futgal.es. O camiño a seguir para chegar ao formulario é pinchando o apartado Mutualidad do menú superior e abrir a pestaña para pinchar no apartado de Impresos.

Para ver a circular pincha AQUÍ

Adxúntase documento coa lista de todos os xogadores que están a día de hoxe en situación de baixa médica

 

Compárteo!

Deixa un Comentario