Primeiro enfrontamento de pretempada como tal, e gran traballo do equipo adestrado por Alberto García.

Os rapaces xogaron un partido moi completo, mostrando todo o seu potencial pero tamén algúns desaxustes en momentos puntuais do encontro, sobre todo en tareas defensivas.

A pesares do abultado do resultado, a primeira parte foi moi igualada, cun resultado de 1-0 ata case o descanso, marcando xusto antes do pitido dous goles o Moraña C.F. no último minuto.

A segunda parte comezou cun Monteporreiro mellor plantado no campo, logrando incluso acortar o resultado cun fermoso gol de contraataque. Os infantiles responderon pronto co cuarto gol, e dende ese momento ata o final, o equipo morañés foi facédose co partido, sobre todo polo feito da curta plantilla pontevedresa.

8-1 foi o resultado final, cun bo traballo realizado pero tamén moito traballo pendiente. Destacamos o debut en infantiles esta tempada de tres xogadores de idade alevín, Álex, Anxo e Domi, que realizaron un moi bo papel.

O equipo continuará coa súa preparación esta semana cun adestramento o martes e un partido contra o Boiro «B» o mércores. Moito ánimo e a seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F. 8 – 1 MONTEPORREIRO

Xogaron polo Moraña: Jorge, Ivan, C.Redondo, Rubén, Candal, Isma, Edu, Pereira, David, Raúl, Pablo Fraga, P.Cela, Isaac, Pedrito, Álex, Anxo e Dominic.

Goleadores: Pablo Fraga (3), Raúl, Pereira, Edu, David e Jorge.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario