Ata tres encontros amigables de F-8 xogaron as categorías base do Moraña C.F. e E.F. Portero 2.000 na mañán de hoxe no Buelo nunha xornada na que o fútbol base, o deporte e a camadería foron os protagonistas.
img_20160917_110505ALEVÍNS F8
A xornada diseñouse de xeito de que primeiro abriran os enfrontamentos os máis maiores, os Alevíns ás 10:00. Este foi o encontro máis disputado e igualado, acabando tralos 50 minutos con empate a cero a pesares de que ámbolos conxuntos dispuxeron de ocasións para abrir o marcador.
Xogaron neste encontro polo Moraña C.F. André, Aday, Álvaro, Pablo, Damián, Mateo, Abel, David, Raúl, Saúl, Sergio, Brais e Jorge.

BENXAMÍNS F8
b8acdb02-6b27-433e-b0d0-447c776ba14fO seguinte encontro, enfrontou a Benxamíns dos dos conxuntos noutro partido de F8. Aquí a diferencia de categoría e o feito de que case o 90% do equipo morañés está formado por xogadores de primeiro ano foi determinante, e fixo que os pontevedreses se impuxeran cómodamente por 0 a 11. Os nosos tentaron trenzar algunha xogada de ataque, pero estiveron en fase defensiva case todo o encontro.
Unha experiencia máis para aprender e seguir mellorando, de seguro o encontro de hoxe vai servir para moito en canto comece a liga.
Xogaron Rubén, Pablo Montáns, Xabi, Aleixo, Lucas, David, Anxo, Álex, Dario Maceiras, Nico, Iker, Aitor, Ethan, Dario Redondo e Álex.

PREBENXAMÍNS F8
3cf4826b-b3b0-4be3-b7a7-f4f8632f4d8dAo mesmo tempo, no outro campo de F8, xogaban os Prebenxamíns tamén un novo amigable. Nesta ocasión, a victoria foi morañesa, co resultado de 4 a 1, con dobletes de Xoel e Iago. Gran traballo dos Prebenxamíns, que están facendo unha gran pretempada.
Xogaron: Lois, Joel, Xoel, Iago, Mario, Aarón, Roi, Marcos, Mauro, Antón e Fernando.

En resumo, unha xornada chea de fútbol e na que os máis pequenos pasárono pipa. Agora a seguir traballando para comezar as Ligas na mellor forma!

Compárteo!

Deixa un Comentario