Os nosos Bibes participaron esta fin de semana no Torneo de Cordeiro, facendo un gran papel!!

Aquí deixamos todos os encontros que xogaron:

Fase de Grupos

Biberóns 3 – 0 Rois
Goles Xurxo 2, Diego Arzúa 1

Biberóns 1-1 Boiro
Gol de Xurxo
Partido moi disputado e moi ben xogado.

Biberóns 0 – 4 Sálvora
O Sálvora fixo boa a diferencia física para levarse o partido, pero os nosos Bibes xogaron a un gran nivel.

Estes resultados fixéronos clasificarse como terceiro por diferenza de goles, xogando a Fase Final de Consolación.

Cuartos de Final Biberóns 6 – 1 Nicranense
Goles de Xurxo 3, Dani 2 e Breixo Ferrín.
Un partido moi cómodo no que os nosos dominaron e iso reflexouse no marcador.

Semifinal Biberóns 1 – 0 Atl. Cuntis
Gol de Xurxo

Final Biberóns 2 – 2 Vilanova
Goles de Xurxo e Diego Torres.
Unha final moi igualada, na que os nosos comezaron gañando 2-0. Remontou o Vilanova primeiro de penalti e despois cun gol nunha contra. Tiveron a victoria na man os nosos nunha contra no último minuto, pero non foron quen de facer o gol.

Na tanda de penaltis, Saúl parou dúas penas máximas e o Moraña marcou os tres.

Noraboa rapaces!!!

Estes foron os valentes que nos representaron hoxe:
Xabi, Xurxo, Breixo Ferrín, Breixo Oubiña, Manu, Xoel, Lucas, Dani, Saul, Diego Arzua e Diego Torres.

Compárteo!

Deixa un Comentario