As dúas categorías máis cativas do Moraña C.F. participaron hoxe domingo no Torneo de Iniciación ao Fútbol organizado polo Caldas C.F. Os nosos peques viaxaron ao mesmo con moita ilusión e deron o callo.

Os Bibes, tras ver como o primeiro rival non se presentaba, caeron no seu primeiro partido de grupo ante o Casablanca por 4-3. No segundo, venceron 4-3 ao Caldas C.F. e no último, gañaron 4-1 ao Céltiga C.F.

En semifinais venceron 8-1 ao Caldas C.F. e na final, caeron por 6-3 ante o Casablanca. Un traballadísimo subcampeonato para os Bibes.

Os Pres, pola súa banda, gañaron o primeiro encontro do grupo ante o San Martín por 1-2, con goles de Xoel e Mario. No segundo venceron á E.D. Arousa por 2-0, con goles de Mario e Aarón. No terceiro partido, empataron co Caldas 1-1, con gol de Mario. E no cuarto, empataron tamén ante o Gran Peña 1-1, con gol de Mario.

Nas semifinais, caeron pola mínima ante o Coya, por 1-0 e no terceiro e cuarto posto, venceron ao Silleda nos penaltis tras acabar o encontro 1-1 con gol de Aarón.

Noraboa a estes dous grupos polo gran torneo que xogaron, que para os Bibes é o broche final de tempada, e para os Pres o último paso antes da semifinal copeira desta semana.

Compárteo!

Deixa un Comentario