A sección xuvenil do Moraña C.F. caeu onte na casa ante o Juv. Cambados, nun encontro marcado por un mal comezo no que salimos con pouca intensidade e que no minuto 5 xa perdiamos por 0 a 2. O primeiro gol veu nun córner mal defendido no minuto 3, e un disparo aproveitando un rexeite no minuto 5.

Este feito fixo que o equipo non entrara en xogo e as precipitacións apareceron no xogo. Tiveron ocasión os nosos de acurtar distancias, pero Joel non foi quen de finalizar dous mans a mans, e Javi non aproveitou un bo centro de Joel.

Na segunda parte o equipo seguiu na mesma liña, moi precipitado e buscando antes o segundo gol que o primeiro, entrando nun xogo que non nos beneficiaba nada, cargándonos de tarxetas por faltas sin sentido e discusións froito da impotencia e desesperación. Ao final dos 90 minutos, 0 a 4 para os visitantes.

Tócalles remar aos nosos xuveniles, para voltar a ser un equipo que compita e dispute os encontros na súa totalidade, e que se centren en mellorar e tirar para adiante. De seguro que esta derrota lles vai servir para correxir erros e facerse fortes na súa evolución como xogadores. Moito ánimo e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 0 – 4 Juv. Cambados

Moraña C.F.: Jose, Jorge, Iago, Diego, Javi, Brais, Joel, Ferro, Alejandro, Xian e David. Tamén xogaron Fernando, Pedro, Marcos, Gabriel e Alejandro Esperón.

Juv. Cambados: Kevin, Daniel, Diego, Antón, Andrés, K. Rey, Tiago, Adrián C., Adrián G., Miguel e Francisco. Tamén xogaron Alejandro, Lucas, Fernando, Javier e Adrián.ç

Goles: 0-1 Antón (minuto 3); 0-2 Daniel (minuto 5); 0-3 Adrián (minuto 20); 0-4 Fernando (minuto 80).

Compárteo!

Deixa un Comentario