O equipo Cadete do Moraña C.F. recibía na mañán de hoxe ao líder, o Villalonga C.F. que só coñecía a victoria no que vai de tempada.

Os pupilos de Celso Diz (substituído por Alberto García) afrontaban este encontro con moita ilusión e con ganas de realizar un bo traballo.

O Villalonga, plantexou un partido cun ritmo altísimo, movendo o balón con moita velocidade e buscando sobre todo as bandas, nas que contaban con dous xogadores rapidísimos. Os morañeses plantaron cara durante todo o encontro, se ben nunca puideron facerse co dominio, nin impoñer o xogo ao que nos teñen acostumados. 1-0 foi o resultado ao final dos primeiros 40 minutos.

Na segunda parte o encontro seguiu polos mesmos derroteros, cun Villalonga demoledor arriba, e un Moraña que non lograba combinar en tres cuartos de campo. Os visitantes fixeron dous goles moi pronto nesta segunda parte, o segundo nun gran disparo e o terceiro nunha xogada de estratexia.

Entraron homes de refresco no partido, que lle deron un pulo aos locais, logrando xerar algo máis de perigo, pero a falta de puntería e a lentitude na finalización, facía inútiles as acometidas. Tentouno Iván en tres boas incorporacións, pero non se logrou abrir o marcador. O Villalonga fixo o cuarto, e con este resultado se chegou ao final do encontro.

Bo traballo ante un moi bo rival, que demostrou o por qué da súa situación na táboa. Os nosos cadetes deron a cara en todo momento, sen perderlle a cara ao partido e competindo en todo momento. Moito ánimo, a levantarse e a seguir traballando.

FICHA TECNICA

Moraña C.F. 0 – 4 Villalonga C.F.

Moraña C.F.: Saúl, Roberto, Iván, Andrés (minuto 58 David), Adrián, Raúl, Marcos V., Carlos (minuto 53 Álex), Manu S. (minuto 58, Fernando), Isma, Marcos F. (minuto 51 Pablo A.).

Villalonga C.F.: Francisco (minuto 58, Jonathan), Alexander, Ramón, Adrián, Pablo, David, Álvaro, Francisco, Ismael, Alejandro.

Compárteo!

Deixa un Comentario