Os nosos biberóns viviron na mañán de onte a súa primeira experiencia futbolística desta tempada en Monteporreiro, nun evento organizado polo Portero 2.000 e no que xogaron dous encontros, ante as dúas seccións de biberóns do equipo Pontevedrés.

IMG_20151025_105756Os rapaces dirixidos por Alberto García e Diego Cabanelas, foron indo de menos a máis, pero mostrando que aínda lles queda un largo camiño por diante, con moito por aprender para conxuntarse mellor. De todos os xeitos, as sensacións foron moi positivas e queda claro que hai base para que estes xogadores sigan medrando e mellorando paso a paso.

Estanse tentando pechar máis amigables para esta sección dos que se irán informando, para que os rapaces cheguen con forzas e ben preparados ao comezo da Liga de Poio.

Noraboa aos rapaces, sobre todo aos que debutaban na práctica do fútbol e a seguir traballando!!!

 

Compárteo!

Deixa un Comentario