O Primeiro Equipo do Moraña caeu na tarde de onte na súa visita ao Javier Guimeráns en Hío (Cangas). Os rapaces do Chino foron quen de igualar o encontro tras ir caendo por 2-0 polos goles de Martínez e Bruno (min. 33 e 42 da primeira parte). Breo recurtou antes do descanso, e no 4 da reanudación facía o empate.
Pero os locais non querían deixar escapar puntos, e só 2 minutos despois Anxo facía o 3-2. Pelexaron os nosos con ganas e intensidade, pero os goles de Barreiro (min. 59) e Borja (min. 89) puxeron o definitivo 5-2, que fixo que os puntos se quedaran en Cangas.
A seguir traballando e a preparar o encontro deste mércores en Mirallos.

FICHA TÉCNICA

F.C. Cruceiro: Rubén, Cruz, Luismi, Alberto, Antón, Arón, Martínez, Anxo, Bruno (Borja, min. 86), Alain (Manuel, min. 68) e Barreiro (Brais, min. 76).

Moraña C.F.: Caba, Julián, Borja (Lorenzo, min. 77), Celso, Roberto, Camacho, David (Héctor, min. 66), Breo, Capi, Biti e Manu (Miguel Zas, min. 55).

Goles: 1-0 Martínez (min. 33); 2-0 Bruno (min. 35); 2-1 Breo (min. 42); 2-2 Breo (min. 49); 3-2 Anxo (min. 51); 4-2 Barreiro (min. 59); 5-2 Borja (min. 89)

Compárteo!

Deixa un Comentario