• Segunda victoria consecutiva nun campo tan difícil como o Javier Guimeráns.

  • O equipo soubo sufrir cando tocou, e puido traer un resultado maior.

O Primeiro Equipo do Moraña C.F. acadou na tarde de hoxe unha importante victora na cuarta xornada Ligueira. Os de Miguel Villaverde saíron enchufadísimo a este encontro, e proba disto foi que Viti facía no primeiro minuto o 0-1. Entrada por banda de Ferro en acción de centro-remate que tras dous rexeites, Viti empuxa á rede.
A reacción local foi inmediata, tentando buscar a igualada, acadándoa no minuto 21, grazas a un gol de Ángel, que remachou de cabeza un balón colgado á área.

Esta ventaxa non chegou ao descanso xa que no 38, o Moraña volvía a poñer terra de por medio cun gol en propia meta de Antonio, noutra gran internada de Ferro que pon o balón na área pequena e que o xogador local mete na súa portería. Xogada desafortunada, pero con varios xogadores do Moraña con posibilidade de remate no caso de que o local non tocara a pelota.

A segunda parte prometía ser apaixoante e con moito traballo por diante para os nosos, pero aguantaron o marcador ata o pitido final cun Cruceiro que buscaba fútbol directo. Incluso tiveron varias ocasións para aumentar a vantaxe en varios mans a mans co porteiro (e con Zas fallando outra clara ocasión a porta vacía), pero o marcador non se moveu e os tres puntos viaxaron no autobús de volta para Moraña.

Sumamos agora mesmo seis, na novena posición da táboa. Vindeira parada, A Lama S.D. o vindeiro domingo en Mirallos.

Ficha Técnica

F.C. Cruceiro: Abraham, David, Luis Miguel, Antonio, Antón, David, Ángel, Sergio, Rubén, Bruno e Borja. Tamén xogaron Sergio, Borja G., Arón, Rodrigo e Jorge.

Moraña C.F.: Anxo, Héctor, Julián, Salva, Rober, Celso, Alejandro, David Alexander, Castillo, Chimaobi e Viti. Tamén xogaron Borja, Caba, Kapi, Miguel Zas e Fabio.

Goles: 0-1 Viti (min. 1); 0-2 Ángel (p.p. min 21); 1-2 Antonio (min. 38).

Compárteo!

Deixa un Comentario