Eran catro as finais que quedaban. Romay e Dorrón xa están gañadas. Este domingo, en Mirallos, o Moraña C.F. pode voltar á Segunda Rexional.

A partir das 17:00, recibimos en Mirallos á S.C.D. Poio, nun apaixoante encontro de poder a poder entre dous equipos que se xogan a segunda plaza. Os rapaces do Chino precisan de todos vós, dos vosos ánimos, dos vosos gritos de alento… Non podedes faltar!!

Todos os veciños e veciñas de Moraña, todos temos que estar no campo este domingo e empuxar aos nosos de volta á Segunda.

Os xogadores de base, tamén convocados

Todos xogadores da base, dende os Biberóns ata os Xuvenís están convocados a este partido, para dar os seus folgos aos maiores.
Que non falte ninguén!! O voso apoio é fundamental.
Para todos os xogadores da base que vaian ao partido, no descanso realizarase un sorteo de produtos de merchandising do Moraña C.F. (bufandas, botellíns, tazas…)

ESTAMOS A UN PASO, VINDE TODOS A APOIAR AO MORAÑA!! TODOS A MIRALLOS!!

Compárteo!

Comentarios Pechados.