Despois de 24 anos ininterrumpidos e debido a falta de efectivos, o Moraña C.F. non contará con equipo para esta tempada. Unha auténtica mágoa despois de tantos anos de traxectoria, pero é a mellor decisión tendo en conta o acontecido na última tempada, na que se afrontou o ano cunha plantilla moi curta e había dificultades para pechar as convocatorias.

Dende o Clube queremos agradecer a todos aqueles xogadores que durante estes 24 anos defenderon a camiseta do Moraña C.F. Veteranos, agardando que isto non sexa máis que un pequeno parón e que moi cedo, o equipo estea de novo en competición.

Compárteo!

Deixa un Comentario