Xa sen case equipos en competición, só teremos dous encontros oficiais esta fin de semana.

  • Por un lado, os Prebenxamíns xogarán as semifinais de Copa ante o Marcón Atlético no Buelo. O venres ás 18:30.
  • Os Alevíns xogan o seu derradeiro encontro na casa, ante a A.J. Lérez. O domingo a partir das 12:00 no Buelo.

E o sábado, lembrámosvos a todos que terá lugar no Campo de Mirallos o VII TORNEO INTERNACIONAL CADETE CONCELLO DE MORAÑA, con Celta, Deportivo, Pontevedra, Coruxo, Braga e Vitoria. Os encontros comezarán a partir das 9:45 da mañán.

Compárteo!

Deixa un Comentario