Acabáronse as probas, e por fin, comezaba a competición para os nosos Xuveniles. Despois dunha dura pretempada, os nosos partían onte na singladura ligueira no Terrón ante a E.F.B. Vilanova.
Os pupilos de Celso Diz saltaron ao campo dispostos a ser dominadores do encontro, presionando forte ao rival sen deixarlle espazos, recuperando rápido a posesión e xerando perigo en cada acción, sobre todo nas internadas por banda.
Estas internadas foron un auténtico pesadelo para os locais, xa que os nosos lograban superioridades e romper liñas por ambos flancos do ataque.
Foi Martín o autor do único gol do encontro, no minuto 34, que resultou ser definitivo.
Nos segundos 45 minutos os nosos sufriron de máis, sobre todo polo feito de non dar pechado o encontro a pesares de ter claras ocasións. Moveu Celso o banquillo, metendo xogadores de refresco para que non baixara a intensidade, e o equipo non cedeu en ningún momento, sen deixar de xerar perigo. Afortunadamente esta vez non se deu a máxima de que «o que perdona, acaba pagando» e co pitido final, os tres primeiros puntos viaxaron para Moraña.
A seguir traballando e a aproveitar esta semana de adestramento, xa que a vindeira semana o equipo descansa na Liga.

FICHA TÉCNICA

E.F.B. VILANOVA: Diego, Manuel (David, min. 38), Verde (Adrián, min. 34), Brea, Santos (Iker, min. 49), Mariño, Cores, Rial, Miguel, Joel e Juanma (Alberto, min. 58).

MORAÑA C.F.: Manu Carracedo, Héctor (Donato, min. 58), Raul, Xian, Ferro, Iago, Martín, Gabriel (Giao, min. 73), Carlos, Adrián e Javi (Reboredo, min. 79).

GOLES: 0-1 Martín (min. 34)

Compárteo!

Deixa un Comentario