• Os nosos perdoaron moito… e como se sabe, eso en fútbol págase.

Nova xornada ligueira na que o noso Primeiro Equipo viaxaba a San Adrián, buscando seguir coa boa racha de resultados. Os nosos, fortalecidos neste tramo de liga, tiñan que loitar non só contra un aguerrido San Adrián, se non tamén cun campo de dimensións reducidas ao que debían adaptarse.

A aposta pola defensa de 3 de Miguel Villaverde non deu frutos nos primeiros minutos, cun Moraña bastante desorganizado. Malia todo, o feito de que o San Adrián se adiantara non foi fruto dun claro dominio, senon dunha xogada illada de estratexia co lanzamento dun córner que Juan remata libre de marca.

Este gol fixo que o Moraña dera un paso adiante, buscando chegar máis arriba. Tivo a igualada Velay cun lanzamento maxistral de falta que Jacobo detivo cunha gran parada. A primeira parte seguiu nunha tónica bastante igualada.

Tralo paso polos vestiarios o Moraña saiu con outra cara e outra actitude. Comezaron a xerar moito perigo, combinando ben e aproveitando as incorporacións dos laterales. Nesta tesitura, nunha combinación rápida en borde de área, David Alexander facía o empate no 53.

Este empate sabía a pouco ao Moraña, que se lanzou a pola victoria con todo. As ocasións comezaron a chegar: un balón que se paseou por toda a área buscando rematador, Rober que remata un córner demasiado alto e Celso que dispara ben tras unha xogada por banda pero que Jacobo consegue despexar.

O feito de perdonar e perdonar e de non dar sellado o 1-2 foi perxudicando aos nosos e dándolle alas ao San Adrián, que nunha acción puntual e individual de Juan, volvían a poñerse por diante. O dianteiro local recibe, aguanta e xera un espacio para poder xirar e marcar.  Este gol foi un mazazo para o Moraña, que vía como todo o traballo quedaba en nada. Rompeuse o equipo e deixouse de xerar perigo. No 84, Adrián cunha impresionante volea de primeiras certificaba a victoria local.

Rompeuse a racha, pero o Moraña segue dando sinais de bo equipo e de gran traballo por parte de todos. A seguir traballando e a prepararse ben para recibir ao Mosteiro o vindeiro domingo en Mirallos. Vamos!!!

 

FICHA TÉCNICA

S.D.C. San Adrián: Jacobo, Carlos, Juan, Allan, Samu, David, Román, Juan, Alejandro e Rubén. Tamén xogaron Boris, Moisés, Sergio, Adrián e Paredes.

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Rober, Fabio, Pablo, David Alexander, Kapi, Celso e Chima. Tamén xogaron Julián, Borja, David, Xoel e Miguel Zas.

Goles: 1-0 Juan (min. 16); 1-1 David Alexander (min. 53); 2-1 Juan (min. 80); 3-1 Adrián (min. 84).

Compárteo!

Deixa un Comentario