Un auténtico partidazo e derbi de infarto o que se viviu este sábado no Buelo entre as categorías Prebenxamíns do Moraña C.F. e o C.D. Campo Lameiro dentro da Copa Consolación.
Comezou mandando o Moraña, grazas a un gol tempraneiro de Xoel no minuto 1. Samuel fixo a igualada no 14, nun erro defensivo dos nosos. Así se chegou ao descanso.
Nos segundos 25 minutos, o Moraña tomou vantaxe, grazas a dous goles de Xoel. O segundo tras unha gran xogada colectiva de todo o equipo, e o terceiro, de penalti. Parecía que a eliminatoria estaba pechada, pero o Campo Lameiro aproveitou un erro nun saque de Roi para acortar distancias e Samuel facía o empate no 38. Os últimos minutos do encontro foron moi emocionantes, con opcións para os dous equipos que non materializaron.
Tívose que chegar á lotería dos penaltis, chegando a lanzar 8 cada equipo sen que ningún dos dous aproveitara os error rivais, ata que finalmente o Moraña logrou facerse coa victoria por 6-5.

Noraboa a estes Prebenxamíns na súa inmensa maioría de primeiro ano este sábado, que realizaron un gran encontro e lograron o pase. A seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – C.D. Campo Lameiro (6-5 nos penalties)

Moraña C.F.: Roi, Xoel, Iago, Lucas, Mario, Aitor, Nico, Joel, Pablo, Jonathan, Darío e Iker.
C.D. Campo Lameiro: Iker, Xian, Tiago, Alberto, Iván, Joaquín, Samuel, Marcos, Guillermo e Diego.
Goles:1-0 Xoel (min. 1); 1-1 Samuel (min. 14); 2-1 Xoel (min. 31); 1-3 Xoel (min. 36); 2-3 Marcos (min. 38); 3-3 Samuel.

Compárteo!

Comentarios Pechados.