• Os nosos caen en Cuartos da Copa ante un bo Pontevedra «B»

Como di a máxima futbolística, «non puido ser». O noso Senior chegou a Cuartos de Final da Copa eliminando a equipos de superior categoría como o Lalín e o Estudiantil, pero non puido ante o Pontevedra «B», líder neste momento da Primeira Autonómica e que está preto da Preferente. Malia todo, o Moraña fixo un moi bo papel nesta Copa e tamén neste encontro.

De feito, un gol de Salva no minuto 4 poñía por diante aos nosos. Pero a reacción pontevedresa non tardou en chegar, e con goles de Jose (2) e David, os do Lérez ían para o descanso con clara vantaxe 1-3. O Moraña moveu o banquillo, dando entrada a moitos xogadores tralo descanso e nos primeiros minutos da segunda parte, buscando sobre todo dosificar os esforzos de cara á Liga. Pero o Pontevedra tamén introduxo varios xogadores de refresco, e seguiu sendo superior nesta segunda metade, aumentando a vantaxe ata o definitivo 1-5, con goles de Hugo e Brais.

Moi orgullosos dos nosos rapaces, que nos fixeron soñar nesta Copa e que caíron con honor ante un rival que se mostrou superior. Noraboa, rapaces. E ao Pontevedra «B», dámoslle a noraboa e desexámoslle a mellor das sortes neste torneo.

Agora, a preparar a final do domingo ante o F.C. Cruceiro. Vamos Moraña!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Pedro, Ferro, Salva, Borja, Celso, Andrés, David Grande, Yeray, Chima, Alla e Suso. Tamén xogaron Dani, Caba, Rober, Pablo Cancela e Rodri.

Pontevedra C.F. «B»: Cristian, Jose, Carlos, Álvaro, Moisés, Guiller, Hugo, Antonio, Jose, David e Iñaki. Tamén xogaron Jesús, Brais, Tei, Diego e Manuel.

Goles: 1-0 Salva (min.4); 1-1 Jose (min. 7); 1-2 David (min. 15); 1-3 Jose (min. 36); 1-4 Hugo (min. 58); 1-5 Brais (min. 68).

Compárteo!

Deixa un Comentario