Que non nos engañe o resultado. O partido da eliminatoria copeira xogado onte polos nosos benxamíns foi un dos mellores partidos que este equipo xogou este ano, e só a mala sorte pode explicar que marcharan deste encontro sen alomenos facer un ou dous goles.

Os rapaces de Eloy, reforzados con varios Prebenxamíns saíron ao encontro con ganas e moita intensidade, sendo os claros dominadores nos primeiros 10 minutos. Ata 5 ocasións clarísimas de gol fixeron neste tempo, que desbataron como puideron os vilagarcianos. E como di a máxima do fútbol, o que perdoa acaba pagando, e así Derek cun lanzamento moi lonxano de falta facía o 0-1 ante o que nada puido facer Rubén, que fixo varias paradas de moitísimo mérito neste partido.

Este gol non afectou moito aos nosos, que seguiron pelexando, pero no 24 outro lanzamento lonxano de Derek buscando por enriba a Rubén, fai que o noso pequeno gran porteiro despexe o balón e Alfredo marque neste rexeite. Este gol sí que afectou ao equipo, que baixou un punto a intensidade.

Na segunda parte, a búsqueda dun gol que mantivera viva a eliminatoria condicionou moito aos nosos, xa que as xogadas que non se finalizaban, convertíanse en perigosísimas contras. Non lograron os nosos o merecido premio do gol na tarde de onte, e ao final dos 50 minutos, 0-5 foi o resultado final.

Noraboa a este equipo, que demostrou onte que sabe e pode competir. Auténticos heroes estes xogadores aos que xa se lles acaba a Liga, pero que merecen o maior dos aplausos por parte de todos, uns valientes que loitaron contra todo durante toda a tempada. Ánimo e a seguir traballando

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 0 – 5 Vilagarcía S.D.

Moraña C.F.: Rubén, Brais, Raúl, Anxo, Jorge, Aday, David P., David G., Saúl, Álex, Aitor e Lucas

Vilagarcía S.D.: Marcos, Eloi, Derek, Yeray, Alfredo, Treinta, Gabriel, Álex, Jorge Luis, Iván, Saray e Pablo.

Goles: 0-1 Derek (min. 12); 0-2 Alfredo (min. 24); 0-3 Iván (min. 34) 0-4 Iván (min. 40); 0-5 Gabriel (min. 48).

Compárteo!

Deixa un Comentario