Unha vez que se empezan a confirmar as datas de inicio de Competición Oficial por parte da Delegación de Pontevedra da Federación de Fútbol, o Moraña C.F. vai marcando o comezo da pretempada para todas as súas Categorías de Futbol Base. Deste xeito:

  • O equipo Xuvenil comezará os adestramentos o martes 18 de Agosto ás 20 horas no Campo Municipal do Buelo, ás ordes dun novo adestrador despois de que Dani collera ao primeiro equipo. O escollido é Javi Gañán, adestrador titulado co Nivel 2 e con ampla experiencia en fútbol base.
  • O equipo Cadete tamén comezará os adestramentos nese mesmo campo e á mesma hora. O equipo será dirixido esta tempada por Celsiño Diz despois de que Diego Moledo anunciase que esta tempada non podía adestrar por motivos de traballo.
  • O equipo Infantil, que seguirá ás ordes de Alberto García, comeza adestramentos ese mismo martes, pero faráo antes, ás 18:30 horas e nese mesmo campo.
  • Tamén comezarán a pretempada ese martes 18 os Alevíns, dirixidos polo mesmo ténico que a tempada pasada, Juan López.

A esperas de que se realice o Sorteo de Calendario para estes tres equipos, o comezo de competición está fixado no 26 de Setembro.

  • Os equipos Benxamín e Prebenxamín comezarán os adestramentos o martes 1 de setembro.  O equipo Prebenxamín contará de novo co adestrador que rematou a tempada pasada, Xoel Souto. Pola súa banda Eloy Rodríguez nos Benxamíns collerá o relevo de Dani. Os Biberóns seguirán dirixidos por Alberto García, e poderán desfrutar un chisquiño máis das vacacións.

A Coordinación da Base do Clube estará dirixida por Rafael Sierra, que volve ao Moraña despois de 6 tempadas adestrando na A.C.D. A Seca de Pontevedra. O Coordinador quere destacar que salvo no caso de Celsiño, que está a sacar a titulación nestes intres, todos os adestradores contan con titulación. 

Compárteo!

Deixa un Comentario