Os Veteranos do Moraña C.F. desaproveitaron unha vantaxe de dous goles no encontro de onte, no que chegaron ao descanso vencendo por 0 a 2. O Combarro, un dos mellores equipos da categoría comezou xogando en contra do vento, e nestes primeiros 45 minutos a pesar de que gozaron de ocasións, foron os nosos os que marcaron. Aproveitou Nico un pase da morte de Eloy nunha boa contra, e Sayáns rematou un córner pechado ao primeiro pao. Incluso puido ser a vantaxe maior, pero non se moveu máis o marcador neste primeiro acto.

Na reanudación, os locais saíron a aproveitar este vento favorable, e lograron facer 5 goles en só 35 minutos, facéndose cos puntos e facendo inútil o esforzo morañés por sacar o encontro adiante. Non puido ser, a seguir remando e traballando.

FICHA TÉCNICA

Combarro CFV 5 – 2 Moraña C.F.

Moraña C.F.:Rafa, David, Yeyo, Toño, Fuentes, Ventura, Sayáns, Mario, Eloy, Óscar Barros, Nico e Jairo.
Goles: Nico e Sayáns.

Compárteo!

Comentarios Pechados.