• Victoria con goleada para traer os tres puntos  da Xunqueira 2

Os nosos Senior viaxaron á cidade do Lérez na tarde de hoxe para enfrontarse ao Cerponzóns C.F. na 20ª xornada de Liga. Os nosos, que viñan de perder o derbi a semana pasada, saíron a por todas para volver á senda da victoria. E de feito que o conseguiron.

O Cerponzóns non puido cos nosos, cun ritmo superior e que buscaron a portería dende o primeiro minuto, facendo un pressing moi forte e buscando erros no xogo combinativo local. O traballo defensivo dos locais tentaba frenar o empuxe morañés, pero xa ao descanso a vantaxe era de 0-4.

Os goles dos nosos chegaron todos en boas combinacións, salvo o de Rober, que chegou no remate dun cóner. Ao final dos 90 minutos, clara victoria morañesa, que serve para seguir sumando e manténdose na loita polos postos altos da táboa clasificatoria.

Domingo que ven, os Senior reciben en Mirallos ao Cruceiro de Hío, a traballar ben para chegar en plena forma a este encontro!

Ficha Técnica

Cerponzóns C.F.: Borja, Arturo, Juan, Jose, Alberto, Igor, Jorge, Dani, Carlos, Julio e Adrián. Tamén xogaron Jose Angel e Alberto.

Moraña C.F.: Caba, Julián, Velay, Salva, Rober, Celso, Ferro, Pablo, Santi, Chima e Jesús. Tamén xogaron Anxo, Lucas, Borja, David e Jonathan.

Goles: 0-1 Chima (min. 5); 0-2 Jesús (min. 14); 0-3 Ferro (min. 27); 0-4 Santi (min. 44); 0-5 Rober (min. 49); 0-6 Santi (min. 65); 0-7 Santi (min. 76); 0-8 Celso (min. 83)

Compárteo!

Deixa un Comentario