O equipo Cadete do Moraña C.F. disputou hoxe pola mañán o seu primeiro encontro de Pretempada, visitando a un duro rival que militará na Liga Provincial este ano. Os nosos non se arrugaron en ningún momento, e baixo as ordes de Celsiño Diz, realizaron un partido moi completo.

O resultado final, que reflexou un 3-0, non traduce fielmente o acontecido durante o encontro, xa que o dominio foi alterno e incluso houbo fases nas que os nosos dominaron o xogo. Malia a todo, non conseguiron o premio do gol, pese a que o rozaron en varios momentos.

Moito ánimo, noraboa polo traballo realizado e a seguir nesta liña.

FICHA DO PARTIDO

CÉLTIGA C.F. 3 – 0 MORAÑA C.F.

Goles: 1-0 ( minuto 17); 2-0 (minuto 28); 3-0 (minuto 56)
Xogaron polo Moraña C.F.: Manu Carracedo, Andrés, Iván, Roberto, Raúl, Pablo Ares, Marcos Vega, Pablo González, Álex Aboy, Manu Sayáns, Marcos Fervenza, Fernando, David, Ismael, Adrián, Carlos, Héctor, Christian.

GALERÍA DE IMAXES

 

Compárteo!

Deixa un Comentario