Os Prebenxamíns viaxaron na mañán de hoxe a Catoira, para enfrontarse ao equipo desta localidade na cuarta xornada da segunda fase da Liga. O encontro foi bastante igualado, adiantándose o equipo local cun gol de Tomás e outro en propia meta antes do minuto 17. Logrou a igualada o Moraña con dous goles de David, nos minutos 21 e 27, pero no arreón final, os puntos quedaron en Catoira grazas aos goles de Hugo no 37 e Xavi no minuto 49. Unha mágoa, pero bo traballo o realizado polos Prebenxamíns.
Moito ánimo e a seguir adiante!

FICHA TÉCNICA

Catoira S.D. 4 – 2 Moraña C.F.

Catoira S.D.: Martín, Xabier, Lois, Tomás, Gabriel, Mauro, Nicolás, Anxo, Hugo, Xavi, Daniela e Varela.

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Xabi, Xoel, Iago, Darío, Mario, David, Joel e Lois

Goles: 1-0 Tomas (minuto 13); 2-0 Darío p.p. (minuto 17); 2-1 David (minuto 21); 2-2 David (minuto 27); 3-2 Hugo (minuto 37); 4-2 Xavi (minuto 49)

Compárteo!

Deixa un Comentario