Un novo partido amigable para a sección Infantil do Moraña C.F. e novamente, moi bo traballo por parte deste plantel de xogadores e do seu adestrador, Alberto García.

Presentábase o equipo morañés con varias baixas para este encontro, e coa participación dun novo alevín que debutaba na categoría. Esta semana foi o porteiro Óscar o que participou no encontro.

O encontro, tal e como nos teñen acostumbrados nesta pretempada os infantiles, comezou cun ritmo moi alto de xogo e con boas alternativas dende o primeiro momento. Os primeiros compases do partido foron de dominio morañés, froito do cal xurdiron as primeiras ocasións que non se daban materializado. O equipo pecou unha vez máis de tardar moito en finalizar as xogadas, e mareaban demasiado en ataque sen buscar opcións de finalización rápida.

O primeiro gol foi obra de Pablo, asistido por David G. dende a banda, no minuto 29. Chegouse con 1-0 ao descanso.

Trala charla táctica dos adestradores, a segunda parte comezou mantendo este ritmo alto, e nas primeiras de cambio, o porteiro rival derriba a Dani dentro da área facendo un claro penalty. Tirouno David, rexeita o porteiro e Pablo aproveita ese balón para facer o 2-0.

Tras este segundo gol, o partido volveuse un pouco tolo, cun contínuo ida e volta por parte dos dous equipos e perigo nas dúas áreas. Non lograron os nosos pechar o partido co terceiro gol a pesares de que o tiveron na man en varias ocasións, e o Ponte Caldelas logrou, gracias a dúas contras rematadas por Hugo (minuto 55) e Senén (minuto 59) empatar o encontro.

Os últimos 20 minutos, e tralo empate visitante, os nosos foron a pola victoria con todo, trenzando moitas xogadas de ataque pero que non se deron conquerido. Este último tramo do partido mostrou unha superioridade física por parte do Moraña, pero o Ponte Caldelas defendeu con todo, e co empate a douses rematou o encontro.

En resumen, un novo paso na preparación da tempada por parte dos infantiles, que están a mostrar cada día unha evolución moi positiva. Agardamos que sigan nesta boa liña e comencen a liga do mellor xeito posible.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 2 S.C.D. Ponte Caldelas

Moraña C.F.: Óscar, Dani, Rubén, David P., Edu, Cristian, Sende, Isma, Pablo, Raúl. Tamén xogaron Isaac e David G.

S.C.D. Ponte Caldelas: Yago, Senen, Pablo, Álvaro, Adriana, David, Samu, Gabriel, Yadsera, Iván, Hugo. Tamén xogaron Amoedo, Víctor, Alberto, Carlos.

Goles: 1-0 Pablo, minuto 27; 2-0 Pablo, minuto 42; 2-1 Hugo, minuto 55; Senén, minuto 59.

Compárteo!

Deixa un Comentario