• O regreso de Rodrigo non foi suficiente

  • O equipo pelexou pero non foi quen de empatar

Nesta vixésima xornada de Liga, o Moraña visitaba o campo de A Gándara para enfrontarse ao Caselas F.C. Un encontro no que os locais comezaron mandando dende case o pitido inicial, ao rematar Omar de cabeza ao segunda pao o lanzamento dun córner no minuto 2. Con este gol, o Caselas estivo máis cómodo, e antes do descanso (minuto 38), tamén nun córner Lois facía o segundo, aproveitando o rexeite e batendo a Caba cun disparo raso pegado ao pao dereito. Antes do descanso, Pablo Porta recortaba para o Moraña, cun gran disparo dende o punto de penalti.

Na segunda metade, o encontro seguiu marcado pola igualdade e con ocasións para os dous conxuntos, pero o marcador xa non se moveu, e o resultado final foi este 2-1. Esta derrota mantén ao equipo con 22 puntos, na parte baixa pero con toda a parte media moi apretada. O próximo domingo recibimos ao líder, o Umia C.F. en Mirallos. A prepararse!!

FICHA TÉCNICA

Caselas F.C.: Isma, Óscar, Delfino, Manuel, Lois, Maykel, Rubén, Carlos, Oliver, Brais e Omar. Tamén xogaron Jorge, Manuel, Miguel, Pablo e Andrés.

Moraña C.F.: Caba, Salva, Iván Goldar, Rober, David Grande, Pablo Porta, Castillo, Edu, Iván Vidal, Dani e Rodrigo. Tamén xogaron Anxo, Miguel, Teijeira, Chima e Borja.

Goles: 1-0 Omar (min. 2); 2-0 Lois (min. 38); 2-1 Pablo Porta (min. 43).

 

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario