• Traballado punto ante o líder

  • O Moraña tivo que remontar por dúas veces.

Vixésimo primeira xornada de Liga, e visita do líder destacado de Primeira Autonómica a Mirallos, o Umia C.F. Un encontro a priori difícil e ante un equipo cunha traxectoria moi boa neste Liga, con só dous empates e tres derrotas no que vai de tempada.  O encontro comezou eléctrico, cun tempraneiro gol de Jorge no minuto 2 que poñía aos visitantes por diante.

Tardou en reaccionar o Moraña, pero sen perderlle a cara ao encontro. E no minuto 25, Rodrigo facía o primeiro gol tralo seu regreso. O empate a un, foi o resultado ao descanso.

No comezo da segunda metade, de novo o Umia saíu enchufadísimo, e Joseph no terceiro minuto da reanudación poñía de novo por diante ao seu equipo. Ao Moraña de novo lle tocaba remangarse e traballar para sacar puntos deste encontro, e así o fixo. Froito do traballo, no minuto 64, David Grande poñía o empate a dous, resultado que resultou definitivo e que deixa un punto moi importante en Mirallos.

Toca seguir remando nesta Liga, pero gran traballo do equipo neste encontro, sacando un punto ante un rival que se estaba a mostrar intratable. Próximo encontro, visita ao Tyde F.C. Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Salva, Iván Goldar, Rober, Miguel, David Grande, Rodrigo, Pablo Porta, Edu, Iván Vidal e Chima. Tamén xogaron Anxo, Richi, Castillo, Dani e Velay.

Umia C.F.: Hugo, Joseph, Guiller, Jorge, Dani, Alex, Adri, Miguel, Esteban, Juan e Jorge. Tamén xogaron Eloy, Dani, Lucas, Miguel Ángel e Xabi.

Goles: 0-1 Jorge (min. 2); 1-1 Rodrigo (min. 25); 1-2 Joseph (min. 48); 2-2 David Grande (min. 64).

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario