A nosa categoría de Veteranos viaxou na tarde de hoxe ao Campo das Extremas (Cotobade) para xogar a segunda xornada de Liga ante o Caroy S.D. O equipo dirixido por Germán Rúa iba con moitas ganas de puntuar trala victoria da primeira xornada e xuntando para este encontro ata 15 xogadores. O rival, non logrou xuntar máis de 10, polo que parecía que os nosos partían con vantaxe.
Pero xa se di moitas veces que con 10 se xoga mellor que con 11, ademáis de que o Caroy foi un equipo que o ano pasado se lle atravesou ao Moraña Veteranos (perderan os dous encontros), e hoxe os nosos non deron a altura. A falta de intensidade foi a tónica durante todo o encontro, e a pesares de que se movera o banquillo, ao míster costoulle dar coa tecla.

O míster morañés, un namorado das novas tecnoloxías, revisando as tácticas na tablet de cara á charla do descanso

O míster morañés, un namorado das novas tecnoloxías, revisando as tácticas na tablet de cara á charla do descanso

Probáronse varias opcións, cambios, distintas tácticas… pero o marcador non se moveu na primeira metade, e incluso os locais gozaron de varias ocasións máis ou menos claras.
Co resultado de 0 a 0 se chegou ao descanso.
Na reanudación a tónica era a mesma, cun Moraña que non daba logrado trenzar boas xogadas en ataque, e un Caroy que á contra cada vez xeraba máis perigo.
Tivo que ser Eloy o que na única xogada de calidade que por fin puido trenzar o Moraña, o que abrira a lata, cunha fermosísima vaselina dende a banda esquerda que sorprendeu ao porteiro local.
Parecía que con este gol a tranquilidade chegaría aos morañeses, máis aínda cando por unha doble amarela, o Caroy quedou con 9, pero sufriron moitísimo neste treito final os nosos. Os locais deixaron 3 puntas fixos en ataque, aos que buscaban con balóns largos, e o feito de que a parcela ofensiva do Moraña non acabase as xogadas, facía que cada balón perdido se convertira nunha «patata quente» para os defensas.
Rozou o empate o Caroy nun barullo na área, na que finalmente o punta envía o balon lambendo o pao dereito. Tamén destacamos que o colexiado, nunha controvertida decisión, anulou un gol legal a Nico que mataba o partido.
Final con nervios, pero co asubío final, 6 de 6 puntos para os Veteranos, que se colocan na cuarta posición.
A recuperarse ben do esforzo e a preparar o encontro da vindeira semana.

FICHA TÉCNICA

CAROY S.D.: Sergio, Jose Antonio, Jose Miguel, Olegario, Julio, Alberto, Manuel, Jose, Pablo, Carlos.
MORAÑA C.F.: Óscar, Velay, Sayáns, Eloy, Iago, Toño Orois, Stoichkov, Nico, Juan, Yeyo, Pablo, Fuentes, Mario, Toño e Fran.

Goles: 0-1 Eloy (min. 57)

Compárteo!

Deixa un Comentario