Última xornada deste ano 2016 para as distintas Categorías do Moraña C.F. Despois destas xornadas, non teremos competición ata a fin de semana do 7 e 8 de xaneiro, así que a dalo todo!!

  • A fin de semana abre o sábado, coa disputa do derbi Xuvenil no Buelo entre o Moraña C.F. e o Barro C.F. a partir das 10:00.
  • Ás 11:00, os nosos Prebenxamíns viaxan á Xunqueira (Pontesampaio) para xogar ante a A.X.D. Verdugo.
  • Os Biberóns xogarán no Pavillón de Lourido á 12:00 a segunda xornada da Liga de Poio ante a E.F. Bibe 2.000.
  • No Buelo ás 12:30 xogarán os Benxamíns no Buelo ante o Villagarcía S.D.
  • Aínda sen confirmar, pero probablemente a esa hora e nese campo, os Alevíns xoguen un amigable. Informaremos cando se confirme.
  • Xa pola tarde, os Veteranos reciben no Buelo a partir das 18:00 á S.D. Amanecer.
  • Domingo pola mañán teremos o enfrontamento no Buelo ás 10:00 entre os Infantiles e o A.D. Sagrado «B».
  • Ás 12:00, tamén no Buelo os Cadetes reciben ao C.D. Moaña «B».
  • O Primeiro Equipo xoga o gran encontro desta xornada, xogando nas Corticeiras un interesante derbi ante o Caldas. C.F. a partir das 16:15.
  • Ademáis destes encontros xogarase no Buelo ás 16:00 o encontro de veteranos A Rula – Raxó C.F.

    Moita sorte a todos!!

Compárteo!

Comentarios Pechados.