Partido de infarto o vivido nas Corticeiras na mañán de hoxe. Enfrontábanse (xunto co Viaxes Interrías) os únicos equipos que aínda non coñecían a derrota nesta Liga. Os dous conxuntos presentaron amplos planteles para este encontro: 19 xogadores os caldenses e 18 os nosos. Este feito, xunto coas reducidas dimensións das Corticeiras, foi chave para que o partido non baixara nunca o ritmo e se convertira nunha loita de poder a poder.

d6d0e859-1d5a-4459-a884-b7181adeffbbArrancaron moito mellor os locais, facendo unha gran primeira parte na que case non deixaron xerar perigo aos morañeses. Co centro do campo perdido, o Caldas facía unha presión moi forte en campo morañés, e de cada roubo montaban rápidas xogadas de ataque, sobre todo na banda dereita onde Víctor Baldomero se convertía no pesadelo de Fuentes.
De feito, nunha destas xogadas naceu o gol caldense, cun centro-chut de Víctor, que Abuín remata no segundo pao e Óscar case logra desviar co pe.
O gol espoleou aínda máis aos locales, que buscaban a sentencia. Tiveron varias ocasións nestes primeiros 45 minutos, pero o bo facer de Óscar e da defensa morañesa mantivo a vantaxe mínima. A peor noticia para os nosos neste primeiro acto foi a lesión nunha xogada de córner de Óscar Barros, que se tivo que retirar do encontro. Agardamos que non sexa moito e que pronto poida seguir axudando.

Na segunda parte, e con este marcador tan curto, as cousas igualáronse. O partido convertiuse nun contínuo ida e volta, sucedéndose as ocasións para os dous equipos. Tivo o Caldas a sentencia nun disparo que desviou Rafa ao poste e noutro golpeo de Marcos Baldomero que se estrellou na cruceta. Pola súa banda, o Moraña tivo opcións no balón parado (sobre todo nos córners) que non deron finalizado e, case co pitido final, cun disparo de Mario que se foi por moi pouco.

Co pitido final, 1-0 e primeira derrota dos Veteranos que a venderon, eso sí, moi cara.

Noraboa aos dous equipos, que xogaron un derbi intenso, con algún roce típico da tensión do partido pero cunha exquisita deportividade e fair-play. Con este tipo de encontros e de actitudes, esta Liga Federativa vai facer as delicias de todos e marcar diferencias.

FICHA TÉCNICA

CALDAS C.F.: Ricardo, Couto, Óscar, Emilio, Fariña, David, Víctor, Nicolás, Abuín, Laro, Marcos, Potel, Sabarís, Cotón, Alfonso, Juan, Caldas, Juan Blanco e Miguel López.

MORAÑA C.F.: Óscar Río, Sayáns, Eloy, Nico, Óscar Barros, Yeyo, Fuentes, Mario, Toño, Josete, Fran, Rafa Sierra, David, Pedro, Hristo, Iago, Juan e Jairo.

GOLES: 1-0 Abuín (min. 18)

Compárteo!

Deixa un Comentario