Os nosos Prebenxamíns comezaron a súa participación na Liga no día de onte, visitando nas Corticeiras ao Caldas C.F. Unha primeira pedra de toque dura, xa que os caldenses son un dos mellores equipos da categoría.

Para este encontro, Manu e Iago contaban coas baixas de Darío e Pablo que foron convocados polos Benxamíns, que se unían ás de Roi e Mario.

Os morañeses saíron ao campo a dalo todo, e a pesares de enfrontarse a un equipo con moitos rapaces de segundo ano e de gran calidade, deron a cara durante todo o partido. Traballaron a reo os nosos xogadores para sacar o partido adiante, pero o Caldas aproveitando os desaxustes  do noso equipo, logrou irse arriba no marcador moi pronto.

Na segunda parte, o equipo seguiu pelexando e varios xogadores deron un paso adiante, demostrando que este equipo ten mimbres e vai ir medrando paso a paso.

6-0 foi o resultado ao remate do partido. Só nos queda darlle a noraboa polo traballo realizado a estes rapaces. A seguir nesta liña e a medrar como equipo.

FICHA TÉCNICA

Caldas C.F. 6 – 0 Moraña C.F.

Caldas C.F.: Lucas, Héctor Diz, Cibrán, Borja, Roi, Mateo, Ian e Héctor.

Moraña: Rubén, Aarón, Xavi, Yoel, Yago, Lucas, David, Aleixo, Lois, Nico e Joel.

Compárteo!

Deixa un Comentario