• Victoria pola mínima nun derbi moi intenso.

Chegaba na undécima xornada de Liga o agardado derbi ante os nosos veciños do Caldas C.F. Un encontro que se disputaba nas Corticeiras, con dous equipos en situacións distintas pero que se dilúen neste tipo de partidos. Os dous conxuntos saíron a por todas, pero o Moraña conseguiu abrir pronto a lata. No minuto seis, no lanzamento dunha falta lateral que pon Pablo Porta, Yeray peina para poñer o 0-1.

Tiveron os nosos o segundo non moito despois, con outro lanzamento de falta de Pablo Porta no que Goldar aproveita o rexeite de David. Anulou  colexiado ao entender posición adiantada. Tivo o Caldas o empate, nunha ocasión que desbaratou Caba, e nun lanzamento lonxano de Caamaño.

Na segunda parte, o Caldas subiu o pistón buscando a igualada, sobre todo cun Thomas moi perigoso e tentando sacar proveito do balón parado. O Moraña lograba manter o resultado, pero non xeraba perigo, feito que facía que o Caldas fose medrando. Acabaron os Caldenses con defensa de tres e volcados en ataque. Tiveron aquí os nosos algunha opción de contra coa que matar o partido, pero non estiveron acertados. Así, mantívose a emoción ata o pitido final, pero os puntos viaxaron para Moraña.

Agora, a seguir traballando, próxima parada a UDSM Deiro en Mirallos o vindeiro domingo.

FICHA TÉCNICA

Caldas C.F.: David, Álvaro, Julián, Adri, Cor, Adri, Juan, Thomas, Julio, Iván e Raúl. Tamén xogaron Carlos, Modesto, Miguel, Manuel e Dani.

Moraña C.F.: Caba, Edu, Salva, Rober, Iván Goldar, Iván Vidal, Yeray, Kevin, Rodrigo, Jesús e Pablo Porta. Tamén xogaron Anxo, Julián, Borja, Javi e Celso.

Goles: 0-1 Yeray (min. 6).

Compárteo!

Deixa un Comentario