Moi bo partido o realizado polo noso equipo Cadete na tarde de hoxe, vencendo no Buelo a un equipo que militará esta tempada en Primeira Provincial, se ben viña mermado polas baixas.

Os de Celsiño Diz fixeron fronte a este bo rival e a un calor asfixiante, que fixo que ámbolos dous equipos tiveran que irse a refrescar durante todo o encontro aos seus respectivos banquillos.

Esta primeira parte foi de dominio alterno, con fases nos que un dos dous equipo se facía co dominio do xogo e metía ao seu rival en campo propio. Os dous equipos disfrutaron de cadansúa ocasión clara. Tivo o 0-1 o dianteiro do Umia nunha mala entrega de Iván. Manu Carracedo salíu vencedor cunha meritoria parada coa perna dereita no man a man. Os locais dispuxeron dunha doble ocasión, pero o porteiro visitante César, desbaratouna con dúas grandes paradas.

Non se moveu o marcador nesta primeira parte, e co 0-0 inicial os equipos foron a refrescarse no descanso.

Ao comezo da segunda parte, o equipo local realizou 7 cambios e aquí estivo a clave do partido, xa que estes xogadores que entraron frescos marcaron as diferenzas segundo se lle iban agotando as forzas a un rival que só contaba cun cambio. O primeiro gol gol chegou no minuto 48, obra de Carlos tras pase de Raúl, nunha xogada de contraataque. O 2-0 marcouno Ismael, no minuto 55 tras un pase medido de Manu Sayáns. O terceiro fíxoo noutra contra Álex A. no 56, asistido por Ismael. O Umia C.F. acortou distancias no minuto 67 por medio de Manuel, que finalizou outra contra para pechar o resultado en 3-1.

Moi bo test de pretempada para o equipo e moi bo partido en liñas xerais.

O vindeiro adestramento dos Cadetes será o vindeiro martes a partir das 20 horas.

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F. 3 – 1 UMIA C.F.

Moraña C.F.: Manu Carracedo; Fernando, David, Iván, Raúl, Pablo G., Marcos V., Adrian, Ismael, Marcos F., Héctor. Tamén xogaron: Andrés, Rober, Pablo A., Carlos, Manuel Sayáns, Álex A., Martín.

Umia C.F.: César, Valentín, Roberto, Fran, Christian, Emilio, Adrián, Sergio, Manuel, Lucas, Brais. Tamén xogou Elías.

Goles: 1-0 Carlos (minuto 48), 2-0 Ismael (minuto 55), 3-0 Álex A. (minuto 56), 3-1 Manuel (minuto 67)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario