O Primeiro Equipo do Moraña C.F. viaxaba na tarde de hoxe as Cachizas, para enfrontarse ao C.D. Xil na sexta xornada ligueira. Os do Chino viaxaban con bastantes baixas, pero dispostos a traer os puntos que lles permitiran seguir na zona de playoff.

O partido comezou do mellor xeito posible, con dous goles nos primeiros 3 minutos de partido. O 0-1 foi obra de Lorenzo, que remata á rede un bo lanzamento de falta de Viti sacada dende o centro do campo. Un minuto despois, o propio Lorenzo fai unha boa presión na salida de balón rival e cede a Viti para que marque a placer o segundo.

Con este resultado tan favorable, os nosos non foron quen de facerse donos do encontro, e levalo ao terreno que lles interesaba, controlando con posesión e o encontro foi de ida e volta. Tivo o Xil unha opción  clarísima de gol nun man a man con Cabanelas, pero o dianteiro falla a porta vacía.

Na segunda parte, unha xogada marcou o encontro. Iaguito ve o segundo cartón amarelo no minuto 60, e con 10 o Moraña sufriu máis. O tramo veu condicionado pola actuación arbitral. Pitou o trencilla un penalti no último tramo, que transformou Antonio, e polas protestas expulsa tamén a Cabanelas. Quedaron os nosos con 9, entrou Cristian sustituíndo a David, e tocou sufrir nos 12 minutos que descontou o árbitro. A última xogada incluso foi unha gran parada do porteiro morañés que saca o remate dun córner casi sobre a liña.

Tras moito sufrimento, os puntos viaxaron para Moraña, aínda que a un prezo demasiado alto para tal e como comezou o encontro, con 3 expulsións.

Con esta victoria, o Moraña colócase na quinta posición da táboa, só a 4 puntos do líder, o Bamio. Unha liga igualada e que cada semana se apreta un chisco máis. Moito ánimo aos nosos Senior e a seguir pelexando.

FICHA TÉCNICA

C.D. Xil 1 – 2 Moraña C.F.

C.D. Xil: Vidal, Adrián, Santiago, Ramón, Diego, Alejandro, Rafael, Juan J., Marcos, Sergio e Antonio. Tamén xogaron Sergio, Ismael e Edgar.

Moraña C.F.: Cabanelas, Borja Montáns, Borja Fuentes, Martín, Iaguito, Lorenzo, Miguel, Manu, Alejandro, Viti e David. Tamén xogaron Cristian, Rubén, David e Breogán.

Goles: 0-1 Lorenzo (minuto 2); 0-2 Viti (minuto 3); 1-2 Antonio A., penalty (minuto 88)

Árbitro: Sergio García. Amonestou polo Xil a Ramón, Adrián, Alejandro e Antonio A. Polo Moraña amonestou a Alejandro, Miguel, Manu, Breogán, Borja. Expulsou a Iaguito (doble amarelo), Cabanelas (doble amarelo) e a Chino (vermello directo).

Compárteo!

Deixa un Comentario