• Os nosos volven á senda da victoria na casa do líder

Viaxaba o Moraña C.F. ao Municipal de Meis para xogar ante o C.D. Mosteiro, equipo que ostentaba o liderato. Trala xeira de empates acadado polo equipo, os de Fabio cambiaron o plantexamento de cara a este partido, e o resultado non puido ser mellor.

O encontro encarrilouse moi cedo, grazas ao gol de Pablo Porta no minuto 4 cun lanzamento de falta lateral que sorprendeu a Santiago. Este gol foi un chute de moral para os nosos, que seguiron firmes no seu empeño e defendendo con solvencia o fútbol directo que propoñía o Mosteiro. Este 0-1 foi o resultado ao descanso.

No comezo da segunda metade, o Moraña saiu moi enchufado, con forza renovadas e mantendo a boa liña de xogo que viñan mostrando. Chegou o momento chave do encontro no 62, cando nun despexe defectuoso de Rober ante un balón largo, o balón remata na propia portería. Era o 1-1, e o Mosteiro veu a súa oportunidade de sacar os tres puntos. Pero os nosos non se arrugaron e seguiron adiante para acadar a victoria. E o premio chegou no 74: xogada por banda de Pablo Porta, que pon o pase atrás para que Samu golpee. O balón da nun rival e cambia a traxectoria, polo que o meta local non puido facer nada para evitar este 1-2.

De novo con vantaxe, os nosos duplicaron esforzos para non permitir ao Mosteiro entrar de novo no encontro, cun gran traballo defensivo e buscando a contra. Case co encontro rematado, un balón longo é aproveitado por Pablo Porta, que nunha gran xogada personal, vaise do central e define con clase para facer o 1-3.

Gran traballo dos Senior! Agora a descansar e a preparar a visita da S.D. Romai a Mirallos o vindeiro domingo.

FICHA TÉCNICA

C.D. Mosteiro: Santiago, Antón, Julen, Iago, Miguel, Martín, Rubén, Sergio, Iago, Jose e Rubén. Tamén xogaron Darío, Manuel, Christian, Santiago e Jesús.

Moraña C.F.: Anxo, Iván Goldar, Sala, Roberto, Iván Vidal, Yeray, Samu, Pablo Porta, Collins, Celso e Edu. Tamén xogaron Caba, Borja, Velay, Javi e Jonathan.

Goles: 0-1 Pablo Porta (min. 4); 1-1 Rober p.p. (mi.62); 1-2 Samu (min. 74); 1-3 Pablo Porta (min 94).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario