A categoría Senior pechou unha gran tempada cun gran partido e resultado xogando ante o Campión de Liga, o C.D. Bamio.

Os rapaces do Chino saliron a por todas, a pesares de xa ter feitos os deberes, e o feito de que o Bamio tamén estivese ascendido, fixo do partido un bo espectáculo para o público.

A pesares de adiantarse o Moraña grazas a un gol de Lorenzo no minuto 14, sendos goles de Ismael (no minuto 30) e Alexandre (no minuto 39) dábanlle a volta ao encontro antes do descanso.

Tralo paso polos vestiarios, Viti no 48 e David (no 76) lograban voltear de novo o marcador para que os morañeses pechen a tempada con 57 puntos, a só 3 do campión.

Noraboa a este grupo, que desmostrou o gran fútbol que practica e que sacou os puntos neste último e intrascendente encontro. Agora a descansar e comezar a pensar na vindeira tempada na que tocará loitar en Segunda Autonómica.

FICHA TÉCNICA

C.D. Bamio 2 – 3 Moraña C.F.

C.D. Bamio: Alexandro, Adrián (Roberto, min. 70), Alexandre (Roberto, min. 67), Isaac, Diego, Pablo, Aitor (Robert, min. 53), Iván, Ismael (Fernando, min. 57), Samuel e David.

Moraña C.F.: Cristian, Martín, Borja, Alberto, Julián (Rubén, min. 68), David (Alberto, min 57), Miguel, Lorenzo (Javi, min. 62), Breo (Miguel Zas, min. 58), Viti (David, min. 70) e Manu.

Goles: 0-1 Lorenzo (min. 14); 1-1 Ismael (min. 30); 2-1 Alexandre (min. 39); 2-2 Viti (min. 48); 2-3 David (min. 76)

Compárteo!

Comentarios Pechados.