• Primeira victoria da tempada a domicilio

  • Os nosos cimentan a victoria nunha gran primeira metade

Tivemos que chegar á decimocuarta xornada de Liga, pero o Moraña por fin pudo traer puntos nun encontro fóra da casa. E para máis felicidade, tres. Os nosos chegan ao Salgueirón con necesidade de sumar tras varias derrotas, e nun fulgurante arranque de encontro, puxeron a base para acadar a victoria. Rober aos 3 minutos abría a lata, e antes do cuarto de hora, Chima facía o segundo. No minuto 25, Ferro encarrilaba o encontro co terceiro. Chegouse ao descanso con este 0-3.

Gol de Xabi de falta directa

Na segunda metade o Arcade buscou a reacción, nun partido que tiñan moi costa arriba. Xabi facía un golazo de falta que se colaba pola escadra de Anxo para darlle esperanza aos locais no 62. Os nosos souberon frear este empuxe inicial e manter a vantaxe. No desconto, Ferro facía o cuarto, sellando un gran partido do Moraña que volve á victoria con todo o merecemento.

Con estes tres puntos, o Moraña suma 18, nunha liga apretadísima na que temos 10 equipos nunha diferenza de só 5 puntos . Próxima parada, o Sporting Guardés o vindeiro domingo en Mirallos. Ánimo rapaces!!

FICHA TÉCNICA

C.D. Arcade: Adri, Juan, Hugo, Martínez, Nordinde, Alexandre, Nico, Xabi, Raúl, Josué e Edu. Tamén xogaron Diego, Adri, Agus, Dani e Fabián.

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Iván Goldar, Rober, Jonathan, David Grande, Chima, Álvaro, Iván Vidal, Dani e Ferro. Tamén xogaron Antonio, Borja, Óscar e Pereira.

Goles: 0-1 Rober (min. 3); 0-2 Chima (min. 12); 0-3 Ferro (min. 25); 1-3 Xabi (min. 62); 1-4 Ferro (90+3).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario