• Encontro igualado entre dous equipos da parte alta

Os nosos Senior viaxaron na tarde de hoxe ao Salgueirón para comenzar a competición neste 2018. O rival era o C.D. Arcade, un equipo que se mantén na parte alta da clasificación e que conta con grandes xogadores, sobre todo na faceta atacante.

En liñas xerais, partido moi trabado e marcado pola igualdade, con poucas ocasións, aínda que as principais foron morañesas, sobre todo con xogadas por banda e nas contras. Tivo David Alexander na segunda metade a chave dos tres puntos nun man a man que non foi quen de resolver, pero finalmente o marcador non se moveu e tras 90 minutos de auténtica competición, o marcador ficou no 0-0.

Punto importante para seguir sumando e máis ante un rival que comparte a zona noble da clasificación. Próximo encontro dos nosos, un intenso derbi en Mirallos ante os veciños do Caldas C.F. o vindeiro domingo 14. A preparalo con forza!!

FICHA TÉCNICA

C.D. Arcade: Borja, Manu, Yago, Juanma, Pedro, Lucas, nordine, Hosué, David, Campos e Adrián. Tamén xogaron Alfonso, Diego, Pablo, Aitor e Bouzón.

Moraña C.F.: Anxo, Julián, Velay, Salva, Rober, Celso, Pablo, David Alexander, Castillo, Chima e Ferro. Tamén xogaron Caba, David, Héctor, Suso e Borja.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario