Saltou a lebre na mañán de hoxe no Moraña Veteranos ante unha situación crítica.

Como se viña rumoreando nas últimas semanas, ante a carencia de defensas centrales para convocar, e a mala forma dos que o viñan facendo, o seleccionador nacional Julen Lopetegui decidiu chamar a un dos nosos, a Jose Antonio García «Toñito» dos Veteranos para a próxima concentración.

O problema veu cando lle notificaron a noticia ao bravo xogador, que se negou de plano a aceptar esta convocatoria. «Sintoo moito, pero négome. Non pode ser, eu só podo vestir a camiseta da única selección que sinto, a de San Clemente». Cabe recordar que Toñito é un claro activista da causa sanclementista, tendo participado en varias asambleas no Bar Stop nas que se puxeron enriba da mesa as principais reivindicacións de cara a acadar un mellor trato por parte do Concello de Caldas de Reis.

A directiva e corpo técnico do Moraña C.F. segue a traballar na liña de convencer ao xogador de cara a esta convocatoria, pero parece que está difícil. Toñito segue enrocado en que a única roja que pode vestir, é a roja de San Clemente.

Toñito e os compañeiros de San Clemente celebrando un título este pasado verán

Seguiremos atentos a esta noticia e a novidades ao respecto, xa que está en xogo a posibilidade de que un dos nosos vaia ao Mundial de Rusia.

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario