inf-aleHoxe pola mañá e loitando contra unha climatoloxía moi adversa, os equipos Infantil e Alevín do Moraña C.F. enfróntáronse no campo de O Buelo para seguir avanzando na súa preparación de cara á nova tempada.

Os adestradores Juan López e Alberto García puxeron sobre o campo a todos os seus xogadores, facendo rotacións e probaturas para ir tirando conclusións e ir mellorando aspectos dos seus equipos. O resultado foi o de menos, xa que o traballo de ámbolos equipos foi bo, tendo en conta sobre todo a diferenza de idade entre os alevíns e infantiles.

Este martes continúa a preparación destes dous equipos cunha nova sesión de adestramento ás 18:30 horas en O Buelo.

FICHA TÉCNICA

Infantiles 7 – 1 Alevines

Goleadores: Polos Infantiles 3 goles de Jorge,1 de David, 1 de Pereira, 1 de Edu, 1 de Isma. O gol dos Alevines marcouno Alex.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario