A sección biberón do Moraña C.F. recibiu na mañán do sábado á S.C.D. Ponte Caldelas, nun partido amigable que serviu para ir perfilando o equipo e continuando na preparación dos xogadores de cara aos vindeiros compromisos en canto comece a Liga de Poio.

O encontro tivo lugar no Pavillón Municipal, ante un nutrido grupo de pais que disfrutaron dun gran partido en dúas partes de 15 minutos. O dominio foi alterno, aínda que dominaron os nosos nos primeiros minutos, logrando chegar a poñerse 2 a 0 no marcador, con dous goles de Álex.

O Ponte Caldeldas logrou voltear o marcador, grazas a tres fulgurantes contraataques que colleron desprevenida á defensa morañesa e fixeron que se plantase o dianteiro rival só ante Anxo.

Co 2-3 abaixo, tivo Álex a oportunidade de facer o empate nun penalti, pero o porteiro visitante (que realizou un grandísimo encontro) fixo unha gran estirada para evitalo. Non o puido lograr a 2 minutos do final, cando nunha gran xogada combinativa, Álex fixo o definitivo 3 a 3.

Bo encontro o xogado, unha nova experiencia nestes primeiros pasos dos nosos xogadores e boas sensacións. Á espera da confirmación da data de inicio da Liga, os biberóns seguirán adestrando e xogando amigables para chegar na mellor forma posible. Moito ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 3 S.C.D. Ponte Caldelas

Xogaron polo Moraña C.F.: Anxo, Alex, Mauro, Mario, Antón, Fernando, David, Iago, Saúl e Hugo.

Goles: Álex (3)

Compárteo!

Deixa un Comentario