Os equipos Benxamíns e Prebenxamíns do Moraña C.F. que tiñan previsto o comezo de pretempada para o día 1 de Setembro, adiantan este comezo ao día 25 de Agosto por mor do adianto no Calendario de Competición.

Ao igual que aconteceu co equipo Alevín de Fútbol-11, a Competición das ligas de Benxamíns e Prebenxamíns tamén se adianta, comezando a Liga o día 12 de Setembro. Este cambio provoca que a planificación da Pretempada destes dous equipo se vexa modificada para poder preparar ben este comezo ligueiro. Así que convocamos a todos os xogadores á súa primeira sesión de adestramento para o martes 25 de Agosto, ás 17:00 horas no Campo de O Buelo.

Moito ánimo e traballar duro!!

Compárteo!

Deixa un Comentario