Os Benxamíns pecharon a Liga 2016/2017 na mañán de onte, ante a A.J. Lérez, nun partido no que caeron por 1 a 12. Os rapaces de Eloy, xunto cos distintos reforzos do Prebenxamín, pechan un ano difícil en canto a resultados, pero moi enriquecedor dentro da súa evolución como xogadores.
Noraboa a todos os xogadores que participaron nos distintos encontros da categoría Benxamín nesta tempada, moitísima grazas por parte do Clube polo seu gran traballo e espíritu inquebrantable, sempre mirando cara adiante e sen deixarse desanimar en ningún momento.

Agora a preparar os torneos que lles quedan de aquí ao final da tempada. Moito ánimo!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 12 A.J. Lérez

Moraña C.F.: Rubén, Saúl, Brais, Anxo, Jorge, Aday, David, Álex, Raúl, Darío, Aitor e Lucas.
A.J. Lérez: Pablo, David, Mateo, Rubén, Óscar, Gabriel, Diego, Manuel, Óscar, Noah, Pablo e Richard.

Goles
A.J. Lérez: Manuel (4), Óscar (2), Noah, Pablo, David, Rubén, Óscar e Diego.

Compárteo!

Comentarios Pechados.