A categoría Benxamín do Moraña C.F. recibía na mañán do sábado no Buelo á A.D. Sagrado C.F. na 21ª xornada de Liga. O equipo de Eloy, dirixido onte por Rafa Sierra, afrontaba o encontro unha vez máis cos efectivos xustos, tento que botar man de xogadores da categoría Prebenxamín. Esta xornada, Rubén e Lucas acompañaron ao equipo.

O encontro estivo marcado pola clara diferenza física e profundidade de banquillo dos visitantes, que fixo que segundo as forzas iban rematando, os goles ían caendo. Malia todo, os nosos deron o máximo durante os 50 minutos, loitando sen descanso e tentando combinar para chegar a campo contrario.

Unha semana máis, o máximo recoñecemento a este equipo, que segue a pelexar sen complexos e continúa adiante coa súa formación. Moito ánimo e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 0 – 13 A.D. Sagrado C.F.

Moraña C.F.: Brais, Jorge, Hugo, Raúl, Anxo, David, Lucas, Saúl, Rubén e Álex

A.D. Sagrado C.F.: Jorge, Carlos, Luis, Jaime, Daniel, Ángel, Pablo, Alejandro, Lariño, Hugo, José e Pablo.

Goles: Luis Centeno (4), Daniel (2), Carlos, Jaime, Pablo, Alejandro, Lariño, Jose y Pablo.

Compárteo!

Deixa un Comentario