O Primeiro Equipo do Moraña C.F. sacou adiante a visita a Beiramar na tarde do domingo de xeito brillante, na oitava xornada de Liga.

Os discípulos do Chino non permitiron ao rival entrar en ningún momento no encontro, adiantándose por 0 a 2 moi cedo, por medio de Jesús no minuto 8 e Viti no 16. Coa tranquilidade da distancia de dous goles, os minutos ían pasando favorecendo os intereses do Moraña, que logrou sentenciar o encontro no minuto 54 cun gran gol de cabeza de Iaguito no saque dun córner.

Fixeron aínda 3 goles maís, por medio de Jesús no 57 e 75, certificando o seu hattrick, e de Viti no minuto 84. O Beiramar C.F. fixo o da honra dende os 11 metros, no minuto 87.

Ao final dos 90 minutos, 1 a 6 para os morañeses, que se manteñen na segunda plaza da táboa  con 16 puntos e que afronta un tramo chave da tempada nos vindeiros encontros.

Moito ánimo e sorte aos nosos Senior!

FICHA TÉCNICA

Beiramar C.F. 1 – 6 Moraña C.F.

Beiramar C.F.: Roberto, Francisco, Juan (Rubén, minuto 66), Gabriel, Josua, Iván (Manuel, minuto 46), David, José L. (Francisco, minuto 73), Roberto Pérez, Baldomero (Valentin, minuto 59) e Rubén Cacabelos (Víctor, minuto 59).

Moraña C.F.: Cabanelas, David, Borja, Martín, Iago, Julián (Javier, minuto 77), Lorenzo (Miguel, minuto 71), Manuel (David, minuto 64), Breogán (Miguel Zas minuto 71), Jesús e Viti.

Goles: 0-1 Jesús (minuto 8); 0-2 Viti (minuto 16); 0-3 Iago (minuto 54); 0-4 Jesús (minuto 57); 0-5 Jesús (minuto 75); 0-6 Viti (minuto 84); 1-6 David (penalti, minuto 87).

Compárteo!

Deixa un Comentario